Na reunión do Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, que se celebrou onte -25 de de abril- aprobáronse unha serie de medidas de flexibilización respecto do confinamiento ordeado debido á pandemia do COVID-19, e, en concreto, en relación cos desprazamentos ás hortas de autoconsumo, a Consellería do Medio Rural aprobará unha nova Orden na que se determinará que as persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados como tales, é dicir, con fins non comerciais, e polo tanto non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención das súas leiras sempre dentro do termo municipal da súa residencia habitual.
No caso de que a horta estea nun concello diferente ao da súa vivenda habitual, permítese o desprazamento sen superar nunca os 5 quilómetros de distancia desde a casa. Desta forma, elimínase a anterior limitación, que era de 500 metros.
Iso sí, en ambos casos, as persoas que se despracen para tales fins deberán aportar unha declaración responsable.
Na mesma Orde da Consellería de Medio Rural se prevé regular, en relación coa prevención dos incendios forestais, prorrogar o prazo legal para cumprir coa obriga de execución da xestión da biomasa nas franxas secundarias (as dos 50 metros próximos ás vivendas), de tal xeito que se engadirá ao prazo habitual do 31 de maio os días transcorridos durante o estado de alarma, sen que en ningún caso poidan realizarse as limpezas máis alá do 31 de xullo de 2020 inclusive.
Podes ler o enlace do comunicado do Cecop a continuación:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48563/xunta-flexibiliza-obras-interior-edificios-desprazamentos-hortas-autoconsumo