REQUISITOS PARA FACER OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO SEGUNDO A ORDE DE 27/4/2020 (INCLÚENSE MODELOS DA DECLARACIÓN RESPONSABLE)

Publicado: 28 de abril de 2020, 12:06
  1. NOTICIAS DEL DESPACHO
REQUISITOS PARA FACER OS DESPRAZAMENTOS ÁS HORTAS DE AUTOCONSUMO SEGUNDO A ORDE DE 27/4/2020 (INCLÚENSE MODELOS DA DECLARACIÓN RESPONSABLE)

Tralo anuncio do acordo aprobado polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop)  de Galicia o pasado día 25 de de abril, a Consellería de Medio Rural ven de aprobar a súa Orde de 27/4/2020, pola que se modifica a súa anterior Orden na que se regulaba, entre outras cuestións, <<o desprazamento de agricultores e viticultores para os efectos da realización de actividades agrarias>>.

 

Pois ben, nesta Orde publicada no DOG Nº 81 do día de hoxe (28 de abril), establécense os requisitos que deberán cumprirse para realizar os desprazamentos ás hortas ou viñedos de autoconsumo, que son os seguintes:

1º.- As hortas ou viñedos deberán estar situadas no mesmo concello da residencia habitual do agricultor e, no caso en que estean situadas noutro concello, a situación dos cultivos non poderá superar a distancia de 5 km dende a vivenda do seu titular.

2º.- Só poderán estar dúas persoas como máximo na horta ou viñedo, <<as cales deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria>>.

3º.- Para acreditar a necesidade do desprazamento ás hortas de autoconsumo, poderá presentarse <<carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios>>. No caso dos viñedos de autoconsumo, o desprazamento poderá acreditarse tamén <<coa tarxeta de rexistro dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros>>-

4º.- Ademais diso, as persoas que realicen o desprazamento deberan levar consigo unha DECLARACIÓN RESPONSABLE na que:

a)    Se identifiquen as fincas nas que se van facer os cultivos.

b)    Se determinen os tipos de cultivos que se van realizar.

c)    No caso de tratarse de CULTIVOS ECOLÓXICOS, deberá indicarse que non se empregan tratamentos fitosanitarios e que, polo tanto, carece do carné de aplicador/manipulador destes produtos.

d)    O agricultor leva desprazándose de xeito habitual ás fincas en cuestión, para a realización de cultivos de autoconsumo, POLO MENOS DURANTE O ÚLTIMO ANO.

A regulación prevista nesta Orden entra en vigor o mesmo día da súa publicación, é dicir, o día de hoxe 28 de abril.

 

A continuación, vos facilitamos dous modelos redactados pola avogada do Despacho Bugarín & Gago, Cristina Bugarín, segundo se trate ou non de cultivos ecolóxicos:

 

 

MODELO I: DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA CULTIVOS ECOLÓXICOS

 

D/D.ª ________________________________, maior de idade, con domicilio en __________________________, titular do NIF ___________________, con teléfono ___________________,

 

Declaro responsablemente: 

 

1º.- Que son titular das seguintes fincas situadas no concello de _____________:

 

a).- Finca con referencia catastral __________________________

b).- Finca con referencia catastral __________________________

c).- Finca con referencia catastral __________________________

2º.- Que nesas fincas teño que realizar os seguintes cultivos:_____________________________________________

3º.- Que os referidos cultivos son ECOLÓXICOS, polo que non emprego tratamentos fitosanitarios e, polo tanto, non dispoño de carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios.

4º.- Que levo desprazándome de xeito habitual, polo menos durante o último ano, ás fincas antes referidas para a realización de cultivos de autoconsumo.

5º.- Que me obrigo a respectar, en todo momento, as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola Autoridade Sanitaria.

 

E para que conste, aos efectos de acreditar os meus desprazamentos dende o meu lugar de e o lugar onde están situadas as fincas antes referidas, en cumprimento do disposto na Orde de 27/4/2020 da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, asino a presente declaración responsable

 

en ________________________, a ____de ____________de 2020. 

 

Fdo: ________________________

 

MODELO II: DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA CULTIVOS NON ECOLÓXICOS

 

 

D/D.ª ________________________________, maior de idade, con domicilio en __________________________, titular do NIF ___________________, con teléfono ___________________,

 

Declaro responsablemente: 

1º.- Que son titular das seguintes fincas situadas no concello de _____________:

a).- Finca con referencia catastral __________________________

b).- Finca con referencia catastral __________________________

c).- Finca con referencia catastral __________________________

2º.- Que nesas fincas teño que realizar os seguintes cultivos:_____________________________________________

3º.- Que dispoño de carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios.

4º.- Que levo desprazándome de xeito habitual, polo menos durante o último ano, ás fincas antes referidas para a realización de cultivos de autoconsumo.

5º.- Que me obrigo a respectar, en todo momento, as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola Autoridade Aanitaria.

 

E para que conste, aos efectos de acreditar os meus desprazamentos dende o meu lugar de e o lugar onde están situadas as fincas antes referidas, en cumprimento do disposto na Orde de 27/4/2020 da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, asino a presente declaración responsable

 

en ________________________, a ____de ____________de 2020. 

 

 

Fdo: ________________________

 

Noticias relacionadas

EL LÍMITE DE LOS MONTES VECINALES PUEDE COINCIDIR CON EL LÍMITE DE TÉRMINOS MUNICIPALES 26 jun

EL LÍMITE DE LOS MONTES VECINALES PUEDE COINCIDIR CON EL LÍMITE DE TÉRMINOS MUNICIPALES

Recientemente me han notificado la sentencia nº26/24 de la sala 1ª del TSJG de fecha 12 de junio del corriente año 2024, por la que inadmite un Recurso de Casación interpuesto por una comunidad de montes del ayuntamiento de Porto do Son contra una sentencia de la Audiencia Provincial de Santiago,
CONTINUAMOS A VUELTAS CON LA CONDICIÓN DE COMUNERO DE LAS CMVMC 13 jun

CONTINUAMOS A VUELTAS CON LA CONDICIÓN DE COMUNERO DE LAS CMVMC

En este tutorial os aclaro las recientes dudas que mis clientes me han planteado sobre la condición de comunero y la asistencia a las asambleas generales de las Comunidades de montes vecinales en mano común. https://www.youtube.com/watch?v=WxDpVHAuQH4&authuser=0
SEMINARIO SOBRE RETOS, OPORTUNIDADES Y AVANCES TÉCNICO-JURÍDICOS EN DELIMITACIÓN INMOBILIARIA 10 abr

SEMINARIO SOBRE RETOS, OPORTUNIDADES Y AVANCES TÉCNICO-JURÍDICOS EN DELIMITACIÓN INMOBILIARIA

El próximo día 19 de abril, por la tarde, se celebrará en el Pazo da Cultura de Pontevedra un seminario sobre delimitación inmobiliaria, en el que intervendrá, entre otros, el Director Xeral de AGADER, el Gerente Territorial del Catastro, un notario y un registrador de la propiedad, diversos